A noite tras dos vidros apresada,
silencio nun infinito destempo
e o movemento pesado do vento
contido pola fiestra embazada.
Dentro a túa ausencia, espita cravada
na mol lembranza, no leve tecido
–con celo gardado o tempo perdido–,
e unha bágoa na faciana mollada.
Maldita é a túa ausencia que proe.
Maldita é esta soidade que come
e a tristeza miña apoucada roe.
Chamo silente berrando o teu nome.
Bruído salvaxe, quente, que doe.
Chámote. Besta ferida e non home.
silencio nun infinito destempo
e o movemento pesado do vento
contido pola fiestra embazada.
Dentro a túa ausencia, espita cravada
na mol lembranza, no leve tecido
–con celo gardado o tempo perdido–,
e unha bágoa na faciana mollada.
Maldita é a túa ausencia que proe.
Maldita é esta soidade que come
e a tristeza miña apoucada roe.
Chamo silente berrando o teu nome.
Bruído salvaxe, quente, que doe.
Chámote. Besta ferida e non home.
1 comentario:
Que lindo o poema!
Xa verás como esto dos blogs é moi divertido.
Un saúdo :)
Publicar un comentario